Igualdade

Aínda que todos e todas somos iguais ante a lei, non sempre podemos exercer os nosos dereitos. Neste senso hai dous tipos de discriminación: a directa, cando se trata de maneira diferente ás mulleres e aos homes unicamente por razón do seu sexo, e a indirecta, cando se trata de maneira diferente ás mulleres e aos homes porque unha disposición, criterio ou práctica prexudica na práctica a unha proporción máis elevada de persoas dun sexo.

Este espazo pretende dar a coñecer ós servizos existentes a prol da igualdade, o marco lexislativo que ampara os dereitos de homes e de mulleres e as actividades que se organizan no noso entorno relacionadas con este tema.

 
Accesibilidad - XHTML - CSS