Presentación

castillo.jpgEste espazo virtual adicado ás asociacións de Vimianzo permitiralle coñecer o traballo desinteresado que centos de persoas integradas en distintos colectivos están desenvolvendo durante todo o ano. É unha ventá ao mundo desta pequena casa na que en cada cuarto hai unha xunta directiva e un grupo de socios organizando actividades para os demais.

Pero ademais, pretende ser unha ferramenta de traballo, de contacto, de intercambio e de participación para o entramado social deste municipio.

A iniciativa está subvencionada ó abeiro da Orde do 16 de maio de 2006, pola que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a financiar iniciativas dos concellos de entre 6000 e 35 000 habitantes, no ámbito da sociedade da información, convocado pola Consellería de Innovación e Industria.


Alejandro Rodriguez Lema
Alcalde de Vimianzo
 
Accesibilidad - XHTML - CSS